PRESENTACIÓN
Presentación Chioglossa

Chioglossa é un medio de expresión científica aberto a naturalistas e investigadores, tanto profesionais como afeccionados serios, interesados na flora e fauna da Península Ibérica en xeral, preferentemente en temas relativos á Rexión Eurosiberiana, e, particularmente, na que vive no noroeste ibérico.

Chioglossa publica traballos orixinais que fagan referencia a aspectos dos ámbitos da ecoloxía, bioxeografía e conservación. Os traballos distribuiranse en catro seccións: Xeral (incluíndo Artigos e Notas Breves), Inventarios, Espazos Naturais e Comentarios. Os idiomas de publicación son o galego, castelán, portugués e inglés. A redacción e forma de envío dos traballos detállase na sección Normas de Publicación

Dende a presente páxina web preténdese aumentar a difusión de Chioglossa facendo que sexa posible consultar os artigos publicados, de forma gratuíta e indefinida, dende calquera punto con acceso a internet, facilitando así a expansión dos coñecementos publicados para beneficio mutuo dos autores e da comunidade interesada no estudo da natureza.

 


 

 
PATROCINADORES:
 
CRÉDITOS | AVISO LEGAL